É a canle máis directa para que a cidadanía poidan acceder ao coñecemento dos seus dereitos e obrigas e a utilización dos bens e servizos públicos. Entre as súas funcións atópanse:
  • Orientación e información: ofrece aclaracións e axudas de índole práctica sobre procedementos, requisitos ou documentación para os proxectos ou solicitudes que se propoña realizar un cidadán ou para acceder ao disfrute dun servizo público ou beneficiarse dunha prestación do Concello de Santiago.
  • Entrega de instancias e axuda na súa cumprimentación sobre a realización da maior parte dos trámites municipais.
  • Recibe e tramita as incidencias da cidadanía (presenciales, vía internet e telefónicas).
  • Servizo de atención á cidadanía: 010.
  • Xestión de información administrativa municipal.
  • Actualización da información administrativa da web www.santiagodecompostela.gal.
  • Oficina de Queixas e Suxestións: Realiza a tramitación das queixas e suxestións presentadas pola cidadanía ao abeiro do disposto no Regulamento orgánico municipal do Pleno do Concello de Santiago de Compostela.
Asemade na súas dependencias poderá consultar a normativa local e a cartografía municipal, obter a clave de acceso á Carpeta Cidadá, recoller as tarxetas de aparcamento de persoas con discapacidade.

Trámites



Compartir: