Presentación de queixas e suxestións

Descrición

Queixa: Actuación pola que unha persoa pon en coñecemento do Concello as deficiencias nun servizo público municipal, sean de tramitación, actuación ou do propio servizo público.

Suxestión: Actuación pola que unha persoa pon en coñecemento do Concello unha proposta ou idea de mellora dalgún servizo público.

O feito de presentar unha queixa ou suxestión non confire ao que a presenta a condición de interesado, nin dela se derivará a posibilidade de interpor ningún recurso administrativo. Só conleva o dereito a una contestación expresa no prazo de 3 meses e a reiterar a queixa ante a Comisión Especial Suxestións e Reclamacións, se non obtén resposta ou considerara ésta insatisfactoria.

Dirixido a

Calquera persoa física ou xurídica interesada na presentación dunha queixa ou suxestión ante o Concello de Santiago.
É preciso indicar os datos persoales e acompañar o documento oficial de identidade.

Notas para o cidadán

Forma de interposición:
  • Persoalmente na Oficina de Queixas e Suxestións, coa presentación debe mostrarse o DOI.
  • On line: a través da Carpeta Cidadá da web municipal, requierese o DNIe ou identificador municipal.
  • Caixas de correo ou fax (acompañando ao escrito fotocopia do DOI).

Solicítase en

Atención á cidadanía
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, 4 baixo
Tel.: 981 543 128
Fax: 981 543 129
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h.

Preséntase en

Rexistro Xeral
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, n. 4 baixo
Tel.: 981 543 122
Fax: 981 543 133
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.

Horario especial de atención ao público do 19 de xuño ao 10 de setembro: de 9:00 a 13:00 h.
Rexistro Auxiliar do Ensanche
Enderezo: Rúa Frei Rosendo Salvado 14-16, baixo.
Tel.: 981 543 001

Os días 24 e 31 de decembro, aínda que son hábiles a efectos de cómputo de prazos, non abrirán as oficinas municipais, agás a oficina do Rexistro Xeral sita en Galeras, 4-baixo.

Asemade poderán presentarse en calquera dos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Listaxe de oficinas de rexistro da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela

Se precisa copia selada do documento que se presente, ten que achegala o interesado.

Tramítase en

Atención á cidadanía
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, 4 baixo
Tel.: 981 543 128
Fax: 981 543 129
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h.

Documentación

Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.



Compartir: