RECURSOS

Traballando co procesador

Dicionarios e outros

Dicionarios e vocabularios electrónicos

Vocabularios e léxicos en liña

Enciclopedias

Galipedia

EGU

Ortografía

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Resumo dos cambios salientables da reforma de 2003

Toponimia

Nomenclátor de Galicia

Linguaxe administrativa

Libro de estilo do Concello de Santiago

Principios de linguaxe administrativa

Modelos de documentos do Concello de Santiago

Manual básico de documentación administrativa

Manual de documentos administrativos da Universidade da Coruña

Modelos de documentos administrativos da Universidade de Santiago de Compostela

Vocabularios de utilidade

TRABALLANDO CO PROCESADOR

O MSWord constitúe unha ferramenta de traballo moi potente para o traballo de edición de textos. Saber traballar con el é un requisito indispensable hoxe en día e coñecelo a fondo amplía as nosas posibilidades de producir textos de calidade e axeitados aos parámetros de comunicación da nosa organización

Redactar textos:
- A produción de textos pdf
- O formato dos documentos (organización e disposición gráfica, tipos de letra e tamaños, números de páxina, cabeceiras e pés de páxina) pdf
- Configurar un documento (configuración de páxina, estilos, tipo de letra e parágrafos) demo

Reaproveitar documentos:
- Creación de modelos pdf demo
- Creación de formularios pdf demo

Corrección:
- Que é a autocorrección pdf demo
- Buscar/Substituír pdf demo
- Os comentarios e o control de cambios pdf
- O corrector ortográfico pdf instalación demo
- Dicionarios personalizados demo

Tradutores: pdf
- Tradutor ES-GL demo
- Opentrad demo
- Traducíndote demo

Outras opcións:
- Inserción de símbolos e caracteres especiais pdf
- Opcións de seguridade pdf

Buscadores:
- Concepto de buscadores, como traballar cun buscador pdf

DICIONARIOS E OUTROS

Dicionarios e vocabularios electrónicos

- Digalego.com

Versión en liña do primeiro dicionario de galego adaptado á normativa do 2003 publicado pola editorial Ir Indo. Ademais de contar con máis de 65.000 entradas, este dicionario incorpora etimoloxías, equivalencias en portugués, castelán e inglés, e inclúe tamén sinónimos, antónimos, variantes, novas traducións e préstamos. A maiores, conta con seccións coma un repertorio de formas incorrectas e pode ser consultado a través do teléfono móbil. Todo isto convérteo no dicionario máis completo que podemos consultar actualmente na rede. demo

- Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega

Vocabulario ortográfico elaborado polo Instituto da Lingua Galega e pola Real Academia Galega, que constitúe o punto de referencia para coñecer a ortografía oficial do galego e a base para o establecemento do léxico estándar. demo

- Dicionario CLUVI inglés-galego

O Dicionario CLUVI Inglés-Galego (CLIG) foi elaborado no Seminario de Lingüística Informática (SLI) da Universidade de Vigo. Esta utilidade permite facer buscas simples e complexas (con comodíns) de palabras illadas ou de secuencias de palabras, e observar as equivalencias plurilingües dos termos pescudados nos seus contextos de uso en traducións reais e documentadas. Nesta versión 1.0 do CLIG (2005) está formada por 5.324 entradas e 7.998 traducións. demo

Vocabularios e léxicos en liña

Na rede hai moitos outros léxicos e vocabularios, dos que aquí facilitamos a ligazón. A súa calidade e fiabilidade é moi variable, e en moi poucos casos están adaptados NOMIG 2003.

- Inventario de recursos da Sociedade Galega de Terminoloxía
Fontes de referencia lexicográficas e terminolóxicas e outros recursos.
Referencias terminolóxicas da Secretaría Xeral de Política Lingüística
A SXPL pon ao noso dispor unha colectánea de referencias terminolóxicas en galego para diferentes ámbitos e linguaxes de especialidade.

- Andel de traballos terminográficos do SNL da USC
Espazo web da USC onde podes atopar moitos recursos lexicográficos e terminolóxicos en liña.

- Dicionarios, vocabularios e glosarios terminolóxicos galegos
Listaxe da USC con vocabularios de diferentes temáticas: Agricultura, Alimentación e Hostalaría, Antropoloxía, Belas artes, Bioloxía, Botánica, Ciencias da documentación, Ciencias da saúde, Ciencias da terra, Comunicación, Construción, Demografía e Xeografía, Deporte, Dereito e Administración, Economía, empresa e comercio, Educación, Electrónica e electrotecnia, Filoloxía, Filosofía e relixión, Física. Astronomía, Gandaría, Historia, Industrias, Informática, Lecer, Matemáticas, Pesca e acuicultura, Psicoloxía, Química, Telecomunicacións, Transportes, Vida doméstica, Zooloxía.

ENCICLOPEDIAS

Galipedia

Versión galega da Wikipedia. Feita por voluntarios en favor dun coñecemento libre e compartido.

EGU

Versión na rede da Enciclopedia Galega Universal (Ir Indo Edicións) que constitúe a primeira enciclopedia galega en internet. Está composta por máis de 200.000 entradas (8.000 páxinas na versión impresa que se corresponden cos 16 volumes da edición física) acompañadas de animacións, arquivos sonoros, vídeos e mesmo un sintetizador de voz que permite escoitar as definicións de cada entrada. As entradas aparecen traducidas ao portugués, inglés e castelán, e desde estas mesmas linguas podemos efectuar as procuras, así como escoller onde a queremos facer en relación ao termo: comezo dunha entrada, en toda a entrada ou en todo o contido. Desde a páxina principal pódese acceder ao dicionario Digalego.com, así como a diferentes recursos didácticos para o ensino e xogos. Para ter acceso á EGU, cómpre facer un rexistro que polo momento é gratuíto, aínda que en pouco tempo deixará de ser de balde.

ORTOGRAFÍA

Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego

Texto completo das Normas da Real Academia Galega.

Resumo dos cambios salientables da reforma de 2003

Resumo dos principais cambios aprobados na reforma normativa do ano 2003.

 

TOPONIMIA

Nomenclátor de Galicia

O artigo 10 da Lei 3/1983 establece:
«Os topónimos galegos terán como única forma oficial a galega. Correspóndelle á Xunta de Galicia a determinación dos nomes oficiais dos municipios, dos territorios, dos núcleos de poboación, das vías de comunicación interurbanas e dos topónimos de Galicia. O nome das vías urbanas será determinado polo concello correspondente.
Estas denominacións son as legais para todos os efectos e a rotulación terá que concordar con elas. A Xunta de Galicia regulamentará a normalización da rotulación pública respectando en todos os casos as normas internacionais que subscriba o Estado.
Por estas razóns, o Goberno galego recolleu os topónimos galegos, de acordo cos ditames da Comisión de Toponimia, nos seguintes decretos:
A Coruña: Decreto 189/2003, do 6 de febreiro (DOG do 25/3/2003).
Lugo: Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro (DOG do 25/1/2000).
Ourense: Decreto 332/1996, do 26 de xullo (DOG do 29/8/1996).
Pontevedra: Decreto 219/1998, do 2 de xullo (DOG do 28/7/1998).»


Na páxina web recóllese a toponimia oficial das entidades de poboación de Galicia, de acordo cos ditames da Comisión de Toponimia e coas normas ditadas pola Xunta de Galicia. Esta páxina permite realizar unha busca guiada (escollendo provincia, concello, parroquia) ou unha busca directa (introducindo directamente o nome que se quere buscar).
O Nomenclátor de Galicia tamén está publicado en papel.

 

LINGUAXE ADMINISTRATIVA

Libro de estilo do Concello de Santiago

Contidos do Libro de estilo do Concello:

- Regras xerais de acentuación
- Alteracións gráficas frecuentes
- Xénero e número: casos dubidosos
- Os tratamentos protocolarios
- Uso de maiúsculas e minúsculas
- Recursos tipográficos diacríticos
- Abreviaturas, siglas e símbolos
- Escrita dos números
- Expresión de tempo e de espazo
- A linguaxe non-sexista
- Tradución de nomes doutras linguas
- Os signos de puntuación
- Problemas de construción de frases
- Manual de documentos administrativos
- Redactar referencias bibliográficas
- Mudanzas normativas de interese
- Erros léxicos frecuentes
- Léxico xurídico e administrativo
- Locucións latinas
- Topónimos
- Falsos amigos
- Calendario de festas de Santiago
- Bibliografía

 

Principios de linguaxe administrativa

Extracto do Manual básico de documentación administrativa no que se fai referencia aos principios de redacción na linguaxe administrativa.

Modelos de documentos do Concello de Santiago

Documentos de decisión:
  - Resolución de Alcaldía
  - Contrato administrativo
  - Convenio administrativo
  - Bando
Documentos de transmisión:
  - Anuncio
  - Cuberta de fax
  - Carta
  - Denuncia
  - Notificación
  - Oficio
  - Requirimento
  - Convite
  - Convocatoria de xuntanza
  - Correo electrónico
  - Citación
  - Saúdo
Documentos de xuízo:
  - Ditame
  - Informe
Documentos da cidadanía:
  - Modelo de queixa, suxestión, reclamación
  - Alegacións

Manual básico de documentación administrativa

O Seminario Permanente de Linguaxe Administrativa da que foi Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia publicou en 2004 o Manual básico de documentación administrativa.
Este manual achega propostas concretas para a renovación e modernización da documentación administrativa galega, cun amplo catálogo de propostas e consellos para estandarizar e axilizar a elaboración de documentos. Ademais, ofrece unha selección de 25 modelos de documentos comentados, clasificados por: documentos de transmisión, de xuízo, de decisión, de constancia e propios da cidadanía.
Este manual editouse en papel, mais tamén se pode descargar na rede en formato PDF.

Manual de documentos administrativos da Universidade da Coruña

Modelos de documentos propostos para a Universidade da Coruña desde o seu Servizo de Normalización Lingüística.

Modelos de documentos administrativos da Universidade de Santiago de Compostela

En http://www.usc.es/snl/asesora/modelosdocumentais/presentacion.htm pódense atopar os modelos de documentos administrativos da Universidade de Santiago de Compostela elaborados polo seu Servizo de Normalización Lingüística.

Vocabularios de utilidade

Concello de Santiago
Léxico administrativo. Libro de estilo do Concello de Santiago.

Observatorio da Calidade e da Administración Electrónica de Galicia (2007)
Glosario da Administración electrónica.

Servizo de Normalización Lingüística da USC (2006)
Termos esenciais de recursos humanos.

Dirección Xeral de Relacións Parlamentarias (2008)
Glosario de termos parlamentarios.

Administración da Seguridade Social (2006)
Glosario de termos da Seguridade Social. 

Gómez Guinovart, X.; Á. Torres Padín (2005)
Vocabulario xurídico-administrativo galego-castelán. Vigo: Universidade de Vigo-Servizo de Publicacións.

Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (2004)
Dicionario visual da construción. Dicionario terminolóxico visual de equivalencias galego-castelán.

Servizo de Normalización Lingüística da USC (2004)
Termos esenciais de botánica: galego-español-inglés.

OBSERVACIÓN: Só se relaciona material dispoñible na rede. Se queres información bibliográfica de material publicado en papel, ponte en contacto co Departamento de Lingua.

 


créditos