O TEU PC EN GALEGO

Na actualidade, contamos con numerosos recursos informáticos en galego, mais algúns deles pode que non aparezan por defecto no noso PC. Para galeguizar o noso contorno informático só temos que baixar os paquetes de idioma galego.
Podemos descargar os seguintes paquetes de idioma:

DESDE MICROSOFT
Galeguiza o teu sistema operativo
Podemos galeguizar a interface do noso sistema operativo Windows Xp ou Windows Vista descargando os arquivos de idioma oficiais de Microsoft e intalándoos no noso computador.

Galeguiza o teu Office
Do mesmo xeito ca o sistema operativo, podemos descargar os arquivos de idioma da suite ofimática de Microsoft. Galeguizarás así o Word, o Excel, o Access, Outlook, etc.

SOFTWARE LIBRE
No sitio web de Mancomun, Centro de Referencia e Servizos de Software Libre, podemos acceder a aplicacións libres de moi diverso tipo e que poden sernos útiles para o noso traballo diario.

Pasos a seguir para a instalación completa de OpenOffice e o paquete de idioma galego.

Máis sobre o galego e as novas tecnoloxías.

 


créditos