Presentación
O Concello de Compostela pon en marcha Santiauga, un programa piloto para a promoción do consumo da auga da billa nos locais de hostalería da cidade.Inicialmente, o programa desenvolverase en 25 establecementos durante un período duns meses. Unha vez analizada a resposta dos consumidores e consumidoras, estudarase a súa implantación nun número maior de locais adscritos.
O obxectivo desta iniciativa é acadar un consumo de auga máis sustentable e respectuoso co medio, e axudar a cambiar os hábitos dos cidadáns e cidadás menos acostumados a consumir este tipo de auga.
Desde o Concello entendemos que, por calidade, sustentabilidade, prezo e saúde, beber auga da billa de Compostela é a mellor opción. Grazas ao seu rigoroso control, a nosa auga conta cuns niveis de calidade excepcionais. Ademais, con ela contribúese a coidar o medio, xa que o seu consumo ten unha mínima pegada ambiental.
Establecementos hostaleiros
Se tes un establecemento hostaleiro e queres participar na campaña, por favor, completa o formulario de compromiso e envíao amedioambiente@santiagodecompostela.gal
Xa podes atopar Santiauga en:
- San Jaime
- Bodeguilla de San Roque
- O Piorno
- Fraiche
- O Celme do Caracol
- Los Caracoles
- O Afiador
- Bicoca
- Castelao
- A Sucursal
- Solleiros
- Redeiras