Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 22 de outubro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, para presentar unha nova edición do festival CONTEMPORÁNEAS, un festival que se estende de outubro a maio para promover e difundir as últimas tendencias e a innovación na música e noutras artes. Estará tamén na rolda o artista sonoro e investigador Xoan-Xil, un dos protagonistas do concerto que este xoves abre as Contemporáneas.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Urbanismo e Vivenda, Iago Lestegás, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, para presentar o concerto das Fillas de Cassandra organizado polo departamento de Mocidade no marco dos Orzamentos Participativos Compostela Decide. Na rolda tamén participará Sara Faro, unha das integrantes do dúo.

Previsións informativas para o mércores 23 de outubro

11.00 h
En Área Central (nas oficina, esquina amarela, primeira planta), a concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, participa na ROLDA DE PRENSA de presentación das accións que se van desenvolver con motivo do partido entre a SD Compostela e o Deportivo Alavés.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Sustentabilidade Ambiental, Xesús Domínguez, para presentar as actividades de sensibilización ambiental para primaria que organiza o Centro de Información dos Parques e Xardíns de Belvís e sobre outros asuntos da súa área.

19.30 h
Na Cidade da Cultura de Galicia, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, asisten á cea do congreso ECAI 2024, European Conference on Artificial Intelligente,

Compartir: