Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 18 de abril

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, para presentar o Programa de atención á saúde mental dos menores. Na rolda tamén participará Carlos Martínez Uzal, coordinador técnico de Itinera.

13.30 h
No Salón Nobre, recepción ao alumnado de 1º de ESO do IES Ciudad de los Poetas que realiza intercambio co IES Xelmírez I.

17.00 h
Na Casa do Concello, reunión da Comisión mixta de Peleteiro. (Foto ao comezo, declaracións remate - 19.00 h aprox.)

20.00 h
No auditorio número 1 do edificio CINC da Cidade da Cultura, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asiste ao acto de presentación da Memoria de Actividades do ano 2023 da Asemblea Comarcal de Cruz Vermella Santiago.

20.00 h
Na Fundación Eugenio Granell, a concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, asiste á inauguración da exposición ‘A Tesoira Eléctrica’.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto ‘A cor da memoria, da Real Filharmonía de Galicia baixo a dirección de Baldur Brönnimann e con Wu Wei ao sheng. O programa inclúe a estrea absoluta dunha obra de Itziar Viloria e a estrea en España dunha composición de Huang Ruo, ademais dunha peza de Igor Stravinski. Coa participación do estudantado da EAEM e ao abeiro do programa de abono da RFG-Auditorio de Galicia.

Compartir: