Os avisos serven para dar a coñecer os comunicados de carácter urxente, licitacións abertas, rúas cortadas ao tráfico e desvíos alternativos.
Filtrar avisos
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
Incidencias Policía Local
SERVIZOS PRESTADOS POLA POLICÍA LOCAL
Dende as 08:00 horas do día 06/06/2023 ata as 08:00 horas do día 07/06/2023
--:-- LOCALIZACIÓNS PERMANENTES: de tres persoas.
--:-- CONTROIS E INSPECCIÓNS: en varias zonas da cidade.
--:-- ACCIDENTES DE TRÁFICO E DELITOS CONTRA A SEGURIDADE VIARIA:
• Ás 12:15 horas RECLAMACIÓN DE DANOS: na rúa do Tambre, o propietario dun inmoble reclama danos producidos o día 1 de xuño por un vehículo. Contáctase co titular do vehículo que manifesta que se fai cargo da reclamación do muro.
• Ás 09:48 horas ACCIDENTE DE CIRCULACIÓN: na rúa Eslovenia, entre dous vehículos, fan parte amigable.
• Ás 18:08 ACCIDENTE DE CIRCULACIÓN: no vial de Aradas, prodúcese a saída de vía e envorcadura dun camión. Faise cargo da intervención a Garda Civil.
• Ás 00:28 horas ALCOLEMIA: na rúa Montero Ríos, realízaselle proba de alcol ao condutor dun vehículo con resultado positivo en vía administrativa.
10:30 CONTROL DE DOCUMENTACIÓN: realízase control de vehículos. Confecciónanse tres denuncias por ITV.
12:24 USO INDEBIDO DE TARXETA DE PERSOAS CON MOBILIDADE REDUCIDA: na rúa Diego Bernal, obsérvase un vehículo estacionado en praza reservada para persoas con minusvalía que emprega unha tarxeta sen estar o titular presente.
--:-- FESTAS EN PISOS: acódese a tres pisos, positivos.
MOBILIDADE
Desvío na liña P1 do transporte urbano (a partir do mércores 7 de xuño)
Con motivo dunhas obras no cruzamento entre Cruceiro do Gaio e a Calzada do Carme de Abaixo, a liña P1 realizará desvío nos traxectos en sentido Figueiras:
*P1 San Caetano - Figueiras - Folgoso: desde a rúa do Pombal desviarase por Galeras, Santa Isabel e Monte Pío, retomando o seu itinerario habitual na parada 162, Carme de Abaixo (c. Monte Pío).
Quedarán anuladas neste sentido de circulación as paradas: 224, Cruceiro do Gaio (acceso Carme de Abaixo) e 164, Carme de Abaixo 2. A liña realizará como parada alternativa a Cruceiro do Gaio a situada en Galeras nº 16A.
O traxecto desde Folgoso a San Caetano realizarase polo itinerario habitual sen desvíos.
MOBILIDADE
Corte de tráfico na rúa dos Forniños
Dende o martes 6 de xuño e durante 15 días a rúa dos Forniños vai quedar cortada ao tráfico por mor da instalación dunha nova tubaxe de auga.
Para que os residentes poidan acceder ás súas vivendas, as obras realizaranse en dous tramos: comezarase mañá dende a entrada da avenida de Asturias ata a metade da rúa, polo que os residentes deberán acceder dende a rúa do Cruceiro da Coruña e travesa da Campiña. Terminado este primeiro tramo, o acceso será dende a avenida de Asturias.
O Concello de Santiago pregalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lle poidan ocasionar.
MOBILIDADE
Corte de tráfico na costa de San Francisco (15 - 30 de maio)
Desde o luns 15 ata o martes 30 de maio, a costa de San Francisco vai quedar cortada ao tráfico por mor das obras de reparación das pedras da súa calzada.
Debido a este corte, os vehículos que suban pola rúa Domingo García-Sabell serán desvíados pola rúa de Entrerríos.
O acceso ao Hotel San Francisco farase pola rúa dos Castiñeiros e ao Centro de Saúde de Galeras a través da rúa Domingo García-Sabell.
Permitirase o acceso ao aparcamento de Medicina, realizando a entrada e a saída dende a avenida de Xoán XXIII. A entrada ó resto dos centros afectados: biblioteca, facultades, colexios, parkings e praza do Obradoiro, tamén discurrirá a través da avenida de Xoán XXIII.
O Concello de Santiago prega á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.
MOBILIDADE
A veciñanza da rúa de Vedra contará con prazas de estacionamento no aparcadoiro de Pontepedriña de xeito temporal
Debido ás restricións ao tráfico e estacionamento na rúa de Vedra, o Concello habilita un espazo, durante o tempo que duren as restricións, reservado para residentes no aparcadoiro de longa duración de Pontepedriña.
A veciñanza coa condición de residente da zona 1, que abrangue a zona afectada, contará cun espazo debidamente sinalizado para o estacionamento no primeiro tramo do aparcadoiro de Pontepedriña entre as rúas Amor Ruibal e Escultor Camilo Otero.
Esta medida entrará en vigor o próximo luns día 13 de marzo.
MOBILIDADE
Desvío por corte de tráfico na zona de Conxo (a partir do martes 14 de febreiro de 2023 ás 8:30)
A partir das 8.30 h do martes 14 de febreiro abre de novo ao tráfico o sentido de circulación desde a rotonda de Conxo a Benéfica de Conxo. As liñas que circulan pola zona realizarán os desvíos previos ao corte total da rúa:
(DESVÍO EN VIGOR ACTUALMENTE QUE CONTINUARÁ A REALIZARSE):
*Desde a Benéfica de Conxo (Televés) cara a rotonda de Conxo, a liña 5 en sentido centro cidade e Vite, a liña 12 e a liña C4 só poderán chegar ata Televés, desde onde realizarán cambio de sentido voltando por Torrente, rotonda de Volta do Castro, periférico SC-20 e desde a rotonda de Conxo continuará cada liña có seu itinerario habitual, ben á avda. de Ferrol (liñas 5 e 12), ben a Ramón Baltar (liña C4).
-Quedará suprimida a parada 412, Psiquiátrico de Conxo, en sentido centro cidade. Os usuarios poden dirixirse ás paradas anterior ou posterior dos percorridos das liñas (Benéfica de Conxo - Televés, avda. de Ferrol ou Ramón Baltar, dependendo da liña).
Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.
MOBILIDADE
Corte de tráfico na rúa das Casas Reais a partir do 6 de febreiro
A partir do vindeiro luns, 6 de febrero, e polo prazo de dúas semanas pecharase ao tráfico a rúa das Casas Reais para realización de traballos de mantemento do pavimento.
O Concello de Santiago pregalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lle poidan ocasionar.
MOBILIDADE
Corte de tráfico na zona do Campo de Conxo a partir do 1 de febreiro
A partir do vindeiro mércores día 1 de febreiro, a Xunta de Galicia vai proceder coa reparación de parte do pavimento da obra que realizou no contorno do barrio de Conxo. O tramo afectado é o comprendido entre a rotonda de acceso da SC-20 e a rotonda da rúa Benéfica de Conxo, xunto a Televés.
Estes traballos conlevan que, dende esa data e durante un prazo de 2-3 semanas, o tráfico de subida cara ao centro da cidade quedará cortado á altura da mencionada rotonda de Televés, circulación que xa estaba limitada ao bus urbano e transportes autorizados.
Queda permitida a circulación de entrada dende a rotonda da SC-20 cara a rúa de Torrente e adxacentes.
Transporte urbano
Por mor deste corte, a partir do mércores 1 de febreiro ás 9.00 h, produciranse os seguintes cambios:
*Desde a rotonda de Conxo cara o Campo e a Benéfica de Conxo (Televés), os autobuses poderán circular con normalidade (liña 5 sentido Rocha e liña C2).
*Desde a Benéfica de Conxo (Televés) cara a rotonda de Conxo, a liña 5 en sentido centro cidade e Vite, a liña 12 e a liña C4 só poderán chegar ata Televés, desde onde realizarán cambio de sentido voltando por Torrente, rotonda de Volta do Castro, periférico SC-20 e desde a rotonda de Conxo continuará cada liña có seu itinerario habitual, ben á avda. de Ferrol (liñas 5 e 12), ben a Ramón Baltar (liña C4).
-Quedará suprimida a parada 412, Psiquiátrico de Conxo, en sentido centro cidade. Os usuarios poden dirixirse ás paradas anterior ou posterior dos percorridos das liñas (Benéfica de Conxo - Televés, avda. de Ferrol ou Ramón Baltar, dependendo da liña).
O Concello de Santiago prega á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar
MOBILIDADE
Modificación na liña 4 na zona do Romaño (a partir do mércores 30 de novembro)
A partir do mércores 30 de novembro, a liña 4 do transporte urbano modificará por motivos de seguridade a súa parada terminal de liña na zona do Romaño.
En todos os servizos da liña, os autobuses realizarán o cambio de sentido en Ponte do Romaño na rotonda de confluencia có vial que accede ao polígono do Tambre, realizando deste xeito a parada situada ao carón da devandita rotonda.
A actual parada terminal da liña 4 pasará a ser a segunda parada do percorrido en sentido ao centro da cidade.
MOBILIDADE
Modificación na liña P7 (a partir do luns 21 de novembro)
A partir do luns 21 de novembro, varios servizos do autobús que cobre a ruta de Pardaces da liña P7 modificarán uns minutos a súa saída:
Luns a venres laborables:
*Pardaces - Porta do Camiño, 6:50 --- pasa a realizarse ás 6:45
*Pardaces - San Caetano, 7:30 --- pasa a realizarse ás 7:20
*San Caetano - Peregrina (circular Aradas), 7:55 --- pasa a realizarse ás 7:45
*Volta Peregrina-Aradas-Pardaces-Porta do Camiño, 8:15 --- pasa a realizarse ás 8:05
Os restantes horarios da liña se manteñen como na actualidade.