Los avisos sirven para dar a conocer los comunicados de carácter urgente, licitaciones abiertas, calles cortadas al tráfico y desvíos alternativos.



MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ

Incidencias Policía Local

Dende as 08:00 horas do día 08/11/2019 ata as 08:00 horas do día 09/11/2019
- LOCALIZACIÓN PERMANENTE: De dúas persoas (arresto domiciliario).
09:59 DANOS EN MOBILIARIO URBANO: Informe polos danos producidos por un camión nun farol da avenida de Rodríguez de Viguri.
13:20 ACCIDENTE DE CIRCULACIÓN: Na glorieta de Meixonfrío, pola saída de vía dun vehículo, sen danos no mobiliario urbano.
15:00 ACCIDENTE DE CIRCULACIÓN: En dependencias policiais, un condutor manifesta ter chocado cun bolardo da rúa das Casas de Compostela. Informe de danos.
20:20 MANIFESTACIÓN: Na praza de Galicia por manifestación. Sen incidencias.
21:35 ACCIDENTE DE CIRCULACIÓN: Na avenida de Antón Fraguas, entre dous vehículos, con danos materiais. Dilixencias.
02:10 SUPOSTO ROUBO CON FORZA: Dilixencias a raíz dun presunto roubo con forza na rúa da Virxe da Cerca.
- FESTAS EN PISOS: Acódese a dous pisos.
-- INSPECCIÓN DE LOCAIS: Inspecciónase un local.

Dende as 08:00 horas do día 09/11/2019 ata as 08:00 horas do día 10/11/2019
- LOCALIZACIÓN PERMANENTE: De dúas persoas (arresto domiciliario).
- COLEXIOS ELECTORAIS: Rolda de inspección na quenda de noite polos colexios electorais. Sen anomalías.
13:50 CURTOCIRCUÍTO ELÉCTRICO EN VIVENDA: Nun inmoble da rúa do Doutor Teixeiro, unha dotación dos Bombeiros comproba que non se trata dun escape de gas senón dun curtocircuíto eléctrico que provoca cheiro e fume. Localizado no cabreado dun forno.
18:50 INCENDIO: Nun inmoble en Angrois, a onde acode unha dotación dos Bombeiros. Danos materiais.
06:35 DENUNCIA: A unha persoa, por falta de respecto aos axentes na intersección de República do Salvador con Alfredo Brañas.

Dende as 08:00 horas do día 10/11/2019 ata as 08:00 horas do día 11/11/2019
- LOCALIZACIÓN PERMANENTE: De catro persoas (arresto domiciliario).
- COLEXIOS ELECTORAIS: Servizo especial durante toda a xornada electoral. Sen incidencias na xornada de mañá. Durante a xornada da tarde foi necesaria a solicitude dunha ambulancia para atender a unha persoa que se sentiu indisposta, sendo trasladado a centro médico. Despois do peche dos colexios electorais trasladouse ata os xulgados aos presidentes de mesa que así o solicitaron.
10:10 ACCIDENTE DE CIRCULACIÓN: Na rúa de Valle-Inclán, onde un vehículo, nunha manobra de marcha atrás, choca contra outro turismo estacionado, abandonando lugar sen achegar datos.
11:30 SERVIZO ESPECIAL: No Multiúsos do Sar, con motivo de partido de baloncesto. Sen incidencias.
20:10 ACCIDENTE DE CIRCULACIÓN: Na rúa de Fontes do Sar, polo atropelo dun peón, que resulta ferido leve. Alcoholemia positiva do condutor do vehículo e denuncia administrativa. Dilixencias.

PLENO

Orde do día da sesión extraordinaria do Pleno municipal prevista para o xoves 14 de novembro ás 9:30 horas

Adxúntase convocatoria e orde do día da sesión extraordinaria do Pleno municipal prevista para o zoves 14 de novembro ás 9:30 horas.

Direcciones relacionadas

MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ

Apertura ao tráfico da rúa do Castrón Douro e comezo das obras na rúa do Patio de Madres

Na xornada do mércores 13 ou do xoves 14 (informarase da data definitiva), abrirase a rúa de Castrón Douro e comezarán as obras na rúa do Patio de Madres. Isto provocará os seguintes cambios na circulación no entorno destas dúas rúas:

- Ábrese á circulación a rúa do Castrón Douro, quedando en sentido baixada, e dicir, os vehículos circularán cara a rúa de Sar.

- A rúa de Pitelos quedará aberta á circulación, en sentido único, entrando os vehículos pola rúa do Hórreo e saíndo por Castrón Douro cara a rúa de Sar. Mentres duren as obras, nesta rúa quedará prohibido o estacionamento, agás para o servizo do Colexio da Inmaculada en horario de 9:00 a 9:30 e de 12:30 a 13:30 pola mañá, e de 15:00 a 15:30 e de 17:00 a 18:00 horas pola tarde. Fóra deste horario non poderá haber vehículos aparcados.

- Queda prohibido o tráfico pola rúa de García Blanco, cortándose o paso no seu cruzamento coa rúa de Concepción Arenal.

- A rúa de Concepción Arenal convértese nunha rúa de dobre dirección, e só poderán acceder a ela os vehículos de carga e descarga e mais os/as usuarios/as dos garaxes existentes. Non poderá acceder a esta rúa ningún outro vehículo. Suprimirase o estacionamento e trasladarase a zona de carga e descarga ao final da rúa, para que no espazo que queda poidan cruzarse dous vehículos.

O Concello de Santiago de Compostela prega á cidadanía desculpe as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Horarios de inverno 2019-2020 no transporte urbano

O luns 9 de setembro entran en vigor os horarios de inverno no servizo de transporte urbano. A información acerca das liñas e horarios pode consultarse no enlace adxunto.

Documentos relacionados

MOBILIDADE

Ampliación a todo o día do horario regulado da área de estacionamento de Pontepedriña

A partir do martes 1 de outubro, a bolsa de estacionamento de Pontepedriña, situada nas confluencias das rúas do Escultor Camilo Oero e de José Pastor Horta, ampliará o seu horario de aparcamento regulado a todo o día, tal como no resto de zonas ORA da cidade. Así, funcionará de luns a venres laborables de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30, e sábados laborables de 10:00 a 14:00 horas. As tarifas serán as aplicadas en zonas de longa duración, onde 4 horas teñen un custo de 1,05 €.

O Departamento de Mobilidade adopta esta medida á vista do cumprimento dos obxectivos rotatorios marcados no horario de mañá e ao constatar que no horario de tarde os/as usuarios/as deixan os seus vehículos durante longos períodos, impedindo a rotación de vehículos e limitando a utilización desta área de estacionamento.

Compartir: