Os avisos serven para dar a coñecer os comunicados de carácter urxente, licitacións abertas, rúas cortadas ao tráfico e desvíos alternativos.



CONVIVENCIA

Incidencias Policía Local

Dende as 08:00 horas do día 24/04/2017 ata as 08:00 horas do día 25/04/2017
- LOCALIZACIÓN PERMANENTE: De tres persoas (arresto domiciliario).
12,05 AVARÍA DE BUS: Na rúa Xoán Carlos I, un autobús sofre un curtocircuíto. Os Bombeiros limpan a calzada.
12,15 ACCIDENTE DE CIRCULACIÓN: Na rúa Jenaro de la Fuente, entre un turismo e unha motocicleta, con danos materiais. Dilixencias.
12,30 ACCIDENTE DE CIRCULACIÓN: No vieiro Antonio Fraguas, entre un camión e un turismo, con danos materiais. Parte amigable.
- EDUCACIÓN VIAL: Impártese módulo formativo a alumnado de 1º de Bacharelato do IES Antonio Fraguas.
14,00 PERDA DE GASÓLEO: Unha furgoneta perde gasóleo na calzada en Romero Donallo, sendo a mancha limpada polos Bombeiros.
14,45 DILIXENCIAS POR FURTO: Instrúense dilixencias por furto no interior dun vehículo.
15,07 ACCIDENTE DE TRÁFICO: Na vía Galileo, entre dous vehículos, con danos materiais. Dilixencias.
17,00 ACCIDENTE DE TRÁFICO: Na rotonda do Restollal, entre dous vehículos, con danos materiais. Dilixencias.
- INSPECCIÓN DE LOCAIS: Inspecciónanse dous locais.

PLENO

Orde do día da sesión ordinaria do Pleno municipal do xoves 27 de abril ás 16:30 horas

Adxúntase convocatoria e orde do día da sesión ordinaria do Pleno municipal prevista para o xoves 27 de abril ás 16:30 horas.

Direccións relacionadas

CONVIVENCIA

Corte de tráfico na avenida Gonzalo Torrente Ballester (vial de acceso ao Instituto Galego de Consumo)

No marco dos traballos de conservación, mantemento e reparación de pavimentos, o martes 25 e o mércores 26 de abril, en horario de 8:30 a 20:00 horas, pecharase ao tráfico o vial de acceso ao edificio do Instituto Galego de Consumo da avenida Gonzalo Torrente Ballester. Durante o tempo que duren as obras non se poderá acceder aos garaxes.

O Concello de Santiago de Compostela prega á cidadanía desculpe as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.

CONVIVENCIA E MOBILIDADE

Corte de tráfico na rúa San Xoán

O luns, 24 de abril van dar comezo as obras de eliminación das terrazas da rúa de San Xoán, polo que esta quedará cortada ao tráfico a partir das 9:00 horas. A duración será aproximadamente dun mes e permitirase o acceso aos garaxes.

As obras comezarán pola parte máis próxima á rúa Vista Alegre polo que o acceso aos garaxes terá que facerse dende a rúa Santa Comba. Unha vez que avancen as obras e se acade a metade da rúa, o acceso realizarase dende a rúa Vista Alegre. No momento en que a demolición coincida cunha entrada de garaxe non se poderá facer uso do mesmo ata que o acceso quede liberado das obras.

O Concello de Santiago de Compostela prega á cidadanía desculpe as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.

CONVIVENCIA

Cumprimento do réxime xeral de curta duración da ORA

A Concellaría de Convivencia lembra aos/ás usuarios/as da zona ORA de réxime xeral de curta duración que, finalizado o tempo abonado para aparcar, os condutores deberán deixar a praza de aparcamento da zona onde se atopa o sector, non podendo regresar para aparcar en ningún dos sectores da referida zona ata transcorridas dúas horas. Polo tanto, aínda que a aplicación e-park (da que é responsable a empresa adxudicataria) permita renovar a autorización (por unha disfunción do programa), deberase cumprir a normativa xa que, de non facelo, poderán ser sancionados.

CONVIVENCIA

Corte de tráfico na rúa do Vilar

Con motivo das obras de reparación do pavimento, a rúa do Vilar permanecerá cortada ao tráfico dende o luns 17 de abril ata o luns 15 de maio.

Deste xeito, os vehículos autorizados, chegados ao Cantón do Toural, deberán seguir pola rúa Nova. O corte e o desvío estarán debidamente sinalizados.

O Concello de Santiago de Compostela prega á cidadanía desculpe as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.

Compartir: