Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 29 de xuño

11.30 h
No Salón Verde, Xunta Local de Seguridade, coa presenza da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; o concelleiro de Mobilidade, Xan Duro e a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, na que se abordará a coordinación das medidas de seguridade con motivo dos Fogos do Apóstolo. (Gráficos e declaracións ás 11:30)

11.45 h
Na casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, e José Javier Fernández Martínez, representante da asociación Guerreros Púrpura, para presentar a "3ª Carrera Guerrera" que vai ter lugar este sábado, 1 de xullo, co fin de visibilizar a epilepsia e as enfermidades en nenos e nenas con afectacións neurolóxicas, metabólicas e endocrinas.

12.30 h
No Salón Amarelo, a concelleira de Educación, Míriam Louzao, dará a coñecer o veredicto do xurado do XVI Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados.

19.30 h
No Museo do Pobo Galego, a alcaldesa de Santiago e presidenta do Consorcio, Goretti Sanmartín, intervén na presentación dos libros ‘De Compostela ao exilio exterior. Francisco Fernández del Riego’, de Antón Mascato e ‘Compostela, póla florida’, de Francisco Fernández del Riego, coeditados polo Consorcio de Santiago, Alvarellos Editora e Editorial Galaxia.

20.00 h
Na praza de Praterías, ‘Réquiem solidario’, concerto da Banda Municipal de Música de Santiago dirixida por David Fiuza con motivo do Día Mundial das Persoas Refuxiadas.

Compartir: