Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 24 de xullo

10.00 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
Punto único.- Designación de membros para as mesas electorais con motivo das
próximas eleccións ás Cortes Xerais.

10.15 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.
1. Ratificación da urxencia da sesión.
2. Determinación da periodicidade das sesións do Pleno da Corporación.
3. Creación e composición das comisións de informe, estudo e proposta, de carácter permanente e especial.
4. Aprobación, se procede, da representación dos grupos políticos municipais nas sociedades dependentes ou nas que participa o Concello de Santiago de Compostela.
5. Aprobación, se procede, da representación dos grupos políticos municipais no Consorcio da Cidade de Santiago e no Consello Reitor do Organismo Autónomo Auditorio de Galicia.
6. Aprobación do réxime de dedicacións exclusivas e parciais, asistencias e indemnizacións dos membros da Corporación Municipal, así como aos grupos políticos.
7. Modificación do Cadro de Persoal do Concello de Santiago de Compostela para o exercicio 2023.
8. Dación de conta da constitución dos grupos políticos municipais e da designación dos seus voceiros.
9. Dación de conta dos decretos da Alcaldía nº 2023/8135, sobre delegación de competencias da Alcaldía, nº 2023/8136, sobre designación dos membros da Xunta de Goberno Local e nomeamento de Tenentes de Alcaldesa, e do acordo da Xunta de Goberno Local do 20 de xuño de 2023 sobre delegación de competencias.

Compostela Diversa
C.S.C MARUXA E CORALIA
12.00-13.30 Mesa redonda "Arredor da Lei 4/2023". Coa participación de:
- Charo Alises. Avogada e doutora en CC da Comunicación. Activista e presidenta de Ojalá Málaga.
- Mireia Martí. Activista intersexual e xurista.
- Carmen Fernández Morante. Doutora en CC.Educación USC. Activista
17.30-19.30 Proxección en primicia "Alex & Munchie" de Carmen P. Granxeiro e Xácia Ceive. Faladoiro.
PRAZA DE MAZARELOS
13.30-23.30
Programa lúdico, artístico e poético:
- Isabel Risco
- Certame poético
- Alféizar
- Mondra
- Elba
- Menina Arroutada
- Festa Tr3Mor. Moreno Moreno, Bold G, Celulite

Compartir: