Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 23 de xuño

17.00 a 24.00 h
Na praza de Mazarelos, Festas de San Xoán
Obradoiros, música & queimada, espazo palleiro para peques, auga máxica de San Xoán, paseos botánicos...
Ademais, o "Tren Cacharelo" circulará de balde a disposición tanto da veciñanza de Santiago como de turistas e visitantes, que así poderán transitar polos barrios que organizan algunhas das cacharelas máis concorridas da cidade.
O tren estará en circulación de 17.00 a 22.00 horas, con saída ás horas en punto desde a parada principal no CGAC, e terá paradas sinalizadas na avenida do Burgo das Nacións, na Carballeira de San Lourenzo e na avenida de Xoán Carlos I.

Compartir: