Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 21 de xuño

11.30 h
No Parque da Música de Santiago de Compostela, fronte ao lago do Auditorio, (en caso de chuvia trasladarase ao Auditorio de Galicia), a Real Filharmonía de Galicia presenta a súa temporada 2023-24. No acto de presentación estarán Goretti Sanmartín, alcaldesa e presidenta do Consorcio; Baldur Brönnimann, director titular e artístico da Real Filharmonía de Galicia; Míriam Louzao, concelleira de Capital Cultural; Belén Hernández, xerente do Consorcio de Santiago; Xaquín López, director-xerente do Auditorio de Galicia, e Sabela García Fonte, directora técnica da Real Filharmonía de Galicia.

12.30 h
Na Igrexa da Universidade (Praza da Universidade s/n), a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participa na inauguración da exposición ‘Fragmentos de onte’.

19.00 h
No Auditorio de Galicia (Sala A. Brage), festival de fin de curso da EMM baixo o título "A música na emigración".

Compartir: