Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 8 de xuño

9.15 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibe a nova directiva de ASUCA, Asociación de Usuarios de Casillas da Praza de Abastos.

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Javier Fernández, para presentar o ciclo de teatro "FegaTeatro", que comeza este venres en varios centros do municipio. Na rolda tamén estarán Chelo Pampillón e Ana Rodríguez, presidenta e vicepresidenta da Federación Galega de Teatro Afeccionado, e Sandra Quintana, coordinadora do programa.
NOTA: poderá seguirse por streaming a través da web municipal.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Esther Pedrosa para presentar a carreira e andaina Camiñando polo dano cerebral, organizada por FEGADACE (Federación Galega de Dano Cerebral). Na rolda tamén estará o presidente da Federación, Luciano Fernández Pintor.
NOTA: poderá seguirse por streaming a través da web municipal.

12.00 h
Na Biblioteca Ánxel Casal, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á presentación da mostra Vilagarcía, Cidade de libro.

19.00 h
No Instituto Teolóxico Compostelán (Mosteiro de San Martiño Pinario. Entrada pola Praza da Inmaculada), o alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, presenta o "Catálogo biográfico de la catedral de Santiago" xunto ao seu autor, Arturo Iglesias Ortega; o reitor da USC, Antonio López; a xerente do Consorcio, Belén Hernández; o canónigo arquiveiro-bibliotecario da Catedral de Santiago, Francisco Buide del Real; así como os responsables de publicacións da Universidade e do Consorcio, Juan Blanco Valdés e Juan Conde Roa.

20.30 h
No Centro Galego de Arte Contemporánea, CGAC, ‘Pasaka’, concerto da pianista María Domínguez dentro das Xornadas de Música Contemporánea.
NOTA: Antes, de 19 a 19.30 h, conversa co compositor Diego Jiménez.

Compartir: