Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 30 de xuño

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, para dar conta da selección de deportistas de Compostela que participará nos Xogos do Eixo Atlántico en Maia.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación, Rubén Prol, para dar conta do programa de obras de verán nos CEIP.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

13.00 h
Na Cámara de Comercio de Santiago (República Checa, 40. Polígono Costa Vella), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de entrega do premio PYME A Coruña 2022.

18.00 h
Na Zona C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes), Intervención Poética de Paulo Maestro de Poetry Slam Compostela e Constance Hurlé no marco da residencia literaria da escritora.

20.00 h
Na praza das Praterías, ‘Romaría’, concerto da Banda Municipal de Música de Santiago, dirixida por David Fiuza e con Celso Sanmartín, narrador. Dentro do Atlántica, Festival de Narración Oral.

Compartir: