Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 3 de xuño

11.00 h
No viveiro municipal (Lamas de Abade, a carón da Escola de Hostalería), a concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, e o concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, visitan o "Banco de plantas", iniciativa xurdida no marco da campaña "Un voto, unha árbore".

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibe a nova xunta directiva do Colexio oficial de Enxeñeiros superiores Industriais de Galicia.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

13.00 h
No concello da Capela, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, visita as instalacións Next Generation xunto ao presidente da Deputación da Coruña e os rexedores da Coruña e Ferrol.

19.30 h
No CSC Casa Agraria de Meixonfrío, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantén un encontro coa Asociación Casa Agraria.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, ‘JONDE FOCUS (ANOS 2015-2018)’, concerto de Cámara da Joven Orquesta Nacional de España, JONDE, orquesta residente das Xornadas de Música Contemporánea. Dirixidos por Alberto Rosado.
NOTA: Antes do concerto, de 19.30 a 20.15 h, CARTOGRAFÍA DO PLURAL, comentarios ao programa con Rosa Fernández.

Compartir: