Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 29 de xuño

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Gonzalo Muiños, para presentar un avance das Festas do Apóstolo: dará conta dos concertos que terán lugar no parque de Galeras.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
Na Casa do Concello, fallo do XV Premio Internacional Compostela para álbums ilustrados.

13.00 h
No Salón nobre, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, preside a recepción con motivo do 20º aniversario da promulgación do Estatuto da Capitalidade de Santiago de Compostela.

19.00 h
No Salón nobre, acto de entrega dos premios do certame escolar de La Voz de Galicia.

Compartir: