Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 28 de xuño

11.00 h
No Salón nobre, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, preside o acto de entrega do II Premio Plataforma ás artes performativas ao artista Rodríguez-Méndez.

13.00 h
Na Igrexa de San Domingos de Bonaval, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de entrega das Medallas Castelao.

13.00 h
Na Praza do Obradoiro, recepción aos nenos e nenas participantes no Campamento Crece da Federación Nacional ALCER, que veñen de percorrer un tramo do Camiño de Santiago.

17.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, preside a xuntanza telemática da Comisión de Cultura do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

18.00 h
Na Casa do Cabido, o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, xunto coa xerente do Consorcio, Belén Hernández, inaugura a exposición ‘Compostela 0,0’ da fotógrafa Mónica Montero.

19.00 h
Na praza 8 de marzo, descubrimento de placa Barrio Amigable LGTBIQ+ e lectura de manifesto con motivo do Día do Orgullo. Asiste o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.

20.00 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á inauguración da exposición SONS IMPROBÁBEIS.

Compartir: