Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 23 de xuño

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mocidade, Rubén Prol, para presentar o Ciclo de Cine que terá lugar na Alameda do 27 ao 30 de xuño.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
No Teatro Principal, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, preside o acto de recoñecemento ao profesorado xubilado no curso 2021 – 2022.

20.00 h
Na praza das Praterías, ‘Retornos Melódicos’, concerto da Banda Municipal de Música de Santiago, dirixida por Casiano Mouriño.

Compartir: