Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 13 de xuño

11.15 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibe o presidente do Senado, Ander Gil. SÓ GRÁFICOS.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Compostela Aberta Branca Novoneyra sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.45 h
No Paseo dos Leóns da Alameda, fronte á estatua de Valle-Inclán, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e os concelleiros de Igualdade e Turismo, Mercedes Rosón e Sindo Guinarte, presentan a nova edición de Compostela Diversa, que terá lugar do 13 de xuño ao 3 de xullo.

19.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa nova directiva da Asociación de Veciños da Peregrina.

Compartir: