Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 7 de outubro

11.00 h
En Pontepedriña, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, visita o CEIP Ramón Cabanillas (rúa José Antonio Souto Paz).

11.30 h
No Hall de Tirantes no Museo Centro Gaiás (Cidade da Cultura), a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, asiste ao acto de presentación do "Atlas da Paisaxe dos Camiños Xacobeos".

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
No Auditorio Carmelo Gómez de Sahagún, León, o concelleiro Turismo e delegado do Ano Santo, Sindo Guinarte, asiste á Xunta directiva da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago.

12.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa Confraría da Veracruz.

20.00 h
No Centro Sociocultural de Laraño, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa veciñanza de Villestro e Laraño.

Compartir: