Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 6 de outubro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muiños, para presentar o programa de charlas de lecer nocturno que impartirá a Policía Local ao alumnado de 1º e 2º de bacharelato dos centros de ensinanza secundaria do concello.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar o novo curso da Escola de Música de aCentral Folque. Na rolda tamén estará o coordinador do centro, Mauro Sanín.

11.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asina o convenio de colaboración coa Xunta de Confrarías para o desenvolvemento dun programa de actividades e promoción da Semana Santa durante a anualidade 2022.

12.30 h
No parque das Ciencias (rúa Valle-Inclán), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de homenaxe a Juan Rof Codina con motivo do Día da Ciencia en Galicia.

14.15 h
Na sede de La Voz de Galicia (avenida da Prensa, 84, polígono de Sabón, Arteixo),o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de entrega do premio Fernández Latorre.

19.30 h
No Centro Comercial Área Central, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao concerto da Real Filharmonía de Galicia.

Compartir: