Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 5 de outubro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar a XXVII edición do Festival Internacional Galicreques. Na rolda tamén estarán Anxo M. Lorenzo, director xeral de Cultural da Xunta, e Jorge Rey, director do festival.

18.00 h
Na Igrexa de San Domingos de Bonaval, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de entregas das Distincións ao Mérito Deportivo 2022.

20.30 h
No Pazo de Congresos, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de apertura do XXIII Congreso Nacional de Hostalaría Hospitalaria.

Compartir: