Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 4 de outubro

11.15 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese con representantes da Asociación para a promoción de actividades de integración sociolaboral en centros especiais de emprego, ASPAIS.

12.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese con representantes da Casa Diocesana Vía Lucis.

13.30 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de celebración do Día da Policía.

18.30 h
No Parque do Cancelón de Sar, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, inaugura a escultura en homenaxe a Xohana Torres.

19.30 h
No local social de Meixonfrío, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese cos veciños de Mallou.

Compartir: