Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 31 de outubro

10.30h
Na sede Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (ACEM), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de entrega do cheque solidario polo recadado no evento gastronómico "Estrelas no Camiño"
Lugar: R/Queixume dos pinos, 4. Santiago

11.00h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibe á Cofradía Veracruz, que organiza a procesión do Santo Enterro e que o próximo ano alcanza o seu 30 aniversario.

12.00h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

13.00h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibe á xerente e presidente de Área Central, Sara Castedo e Javier Suárez

18.00h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantén un encontro cos voceiros dos grupos municipais e con representantes da Cámara de Comercio, do Club Financeiro, do Foro Cívico e da Asociación empresarial do Tambre para tratar a candidatura de Santiago a acoller a sede da AESIA.

Compartir: