Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 28 de outubro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e do secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, para presentar o Mapa de Cohesión do Sistema Urbano do Eixo Atlántico. Tamén estará o autor do informe, Roberto San Salvador.

11.45 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde asiste á reunión do Consello Estatal para o Fomento da Economía Social.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, o director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López, e o director do festival, para presentar da 36ª edición de Cineuropa.

13.00 h
Na Bodeguilla de Santa Marta, inauguración do XIV Santiago(é)Tapas.

Compartir: