Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 27 de outubro

14.00 h. (aprox.)
Na praza do Obradoiro, recepción a un grupo de peregrinos usuarios da Asociación Saúde Mental FEAFES Galicia que veñen de percorrer o Camiño de Santiago.

10.00 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.
1. Aprobación, se procede, das actas correspondentes ás sesións ordinaria do día 29 de setembro e extraordinaria urxente do 13 de outubro, ambas de 2022.
2. Aprobación do expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos para aprobar unha parte dos gastos rexistrados na conta 413.
3. Proposición presentada polo grupo municipal do PP sobre o inicio das obras da ponte sobre o ferrocarril en Marrozos e mellora do seu enlace coa AC-960 na Susana.
4. Proposición presentada polo grupo municipal do PP sobre adopción de medidas para evitar a ocupación ilegal de vivendas.
5. Proposición presentada polo grupo municipal do BNG para a mellora dos servizos básicos municipais na Peregrina.
6. Proposición presentada polo grupo municipal de CA para avanzar ba renovación do transporte público municipal.
7. Proposición presentada polo grupo municipal de CA para impulsar a execución das accións recollidas na estratexia ReVive Santiago - Edusi, informar aos grupos da Corporación e convocar o órgano de participación, seguimento e avaliación da Edusi.
8. Dar conta de escrito do grupo municipal de CA de designación de representante na Comisión de Urbanismo, Infraestruturas, Vivenda, Medio Ambiente, Medio Rural e Servizos.
9. Dar conta de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e actas da Xunta de Goberno Local.
10. Rogos, preguntas e interpelacións.
Interpelacións:
1. Formulada por CA sobre o acordo asinado para viabilizar os orzamentos de 2022.
Rogos:
1. Formulado polo BNG para a correcta instalación dos rexistros de servizos de abastecemento, saneamento e enerxía.
2. Formulado polo BNG para a revisión do estado de autobuses urbanos, tendo en conta a demora na licitación do concurso.
3.- Formulado polo BNG para facilitar o transporte de estudantes os domingos aos campus universitarios.
4. Formulado polo PP para proceder as labores de roza e limpeza entre a rúa Clara Campoamor e as Fontiñas.
5. Formulado polo PP para avanzar nunha maior accesibilidade de semáforos e autobuses para persoas con dificultades visuais.
6. Formulado polo PP para a ampliación ou diversificación das actividades do programa "Vive o verán 2023" a centros socioculturais no rural.
7. Formulado por CA para a implantación de medidas que eviten o uso incorrecto do rego automático.
8. Formulado por CA para que se estableza a prioridade peonil na rúa parque San Xoán de Vista Alegre.
Preguntas resposta oral:
1. Formulada polo BNG sobre queixas da veciñanza de Concheiros ante a supresión de paradas de autobús urbano.
2. Formulada polo PP sobre o adecentamento da fachada dun local municipal e outras melloras aprobadas na zona das Santas Mariñas, no barrio de Sar.
3. Formulada polo PP sobre a demora na adxudicación do proxecto do Centro intregal para a inclusion social e as previsións ao respecto da actividade do CIAC.
4. Formulada polo PP sobre a colocación dos bancos na reurbanización da rúa dos Concheiros.
5. Formulada polo BNG sobre sancións impostas dende a posta en marcha do multamóbil.
6. Formulada por CA sobre o programa de compostaxe doméstica.
7. Formulada por CA sobre o proxecto de humanización da rotonda de Conxo.
8. Formulada por CA sobre os estudos en relación á mobilidade ciclista encargados no actual mandato.
9. Formulada polo BNG sobre as xestións realizadas para conseguir a readmisión dos condutores que facían a liña Santiago-Aeroporto.
Preguntas resposta escrita:
1.- Formulada polo PP sobre o desprazamento a Málaga para asistir ao foro Greencities S-MOVING 2022.
2. Formulada por CA sobre a candidatura de Santiago para acoller a sede da Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial.
3. Formulada polo PP sobre os proxectos EDUSI.
4. Formulada por CA sobre as tapas de sumidoiros na cidade.
5. Formulada por CA sobre o proxecto de humanización da rotonda de Conxo.
11. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos políticos municipais:
1. Presentada polo PSdeG-PSOE en defensa do servizo básico e esencial da educación pública.
2. Presentada polo PP para subsanar o trato discriminatorio na subvención de bolsas de comedor que concede o concello.
3. Presentada por CA contra as violencias machistas e con motivo da conmemoración do 25-N, Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres.
4. Presentada polo BNG do 25N para incrementar os recursos destinados ao Centro de información ás mulleres (CIM).
5. Presentada polo BNG para mellorar os espazos públicos de Vite-Vista Alegre e ampliar as zonas de aparcadoiro.
6. Presentada por CA sobre as melloras no espazo da contorna de acceso ao colexio público Mestre Rodríguez Xixirei na Lavacolla.
7. Presentada polo PP para a redacción dun Plan de ordenación e uso público da finca do viveiro de Lamas de Abade e a rehabilitación dos seus edificios.
8. Presentada polo PP sobre a demanda ao Goberno de España da execución do proxecto de humanización da rotonda sobre a SC-20 en Conxo.
9. Presentada por CA para que se planifique a acción cultural como estratexia de rexeneración das zonas afectadas pola aceleración do impacto de turismo se control.
10. Presentada por CA sobre os servizos de conserxarías e limpeza dos centros educativos e das instalación deportivas que actualmente están sen contrato.

Compartir: