Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 26 de outubro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Compostela Aberta Branca Novoneyra sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA de Mercedes Rosón, concelleira de Acción Cultural, e de Xurxo Couto, deputado provincial de Cultura da Deputación de Coruña para presentar Compostela Ilustrada e as Xornadas de Ilustración Urbana. Na rolda participa tamén Gemma Sesar, coordinadora do evento.

12.00 h
Na praza do Obradoiro, lectura do manifesto da Asociación SARELA con motivo do Día do Dano Cerebral Adquirido.

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, e do presidente da Asociación Hostelería Compostela, Thor Rodríguez, para presentar a XIV edición de Santiago(é)tapas, que se celebra do 27 de outubro ao 13 de novembro.

19.00 h
No Pub Atlántico, inauguración do III Santiago(é)Cóctel.

Compartir: