Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 25 de outubro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira de Compostela Aberta, María Rozas, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
No Salón amarelo, recepción a D. Husni Abdel Wahed, embaixador de Palestina en España.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar o proxecto 'Utópicas. Arte e territorio', impulsado polo Auditorio de Galicia e deseñado e coordinado por 7H Cooperativa Cultural. Participa tamén na rolda Sara Alonso, de 7H Cooperativa.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Javier Fernández, para presentar dúas actividades da rede: a primeira edición do programa Abracastaña, por arte de maxia! e a terceira do ciclo de concertos terraZeando. Na rolda tamén estará o Mago Romarís.

12.00 h
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa na visita que o alumnado do IES San Clemente vai realizar á empresa Mestrelab Research, dentro do programa Campus Emprendementos Inspiradores (rúa Feliciano Barrera 9B – Baixo).

12.00 h
Na Alameda, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, participa na Ofrenda floral na escultura de García Lorca con motivo do Día de Lorca en Compostela.

20.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa nova asociación de veciños Aba do Pedroso.

Compartir: