Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 21 de outubro

9.30 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á inauguración de Iacobus Mundi. Encontro de Cidades e Territorios Xacobeos do Mundo.

10.30 h
En San Caetano, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantén un encontro co presidente da Xunta, Alfonso Rueda. Declaracións ao remate.

12.30 h (aprox.)
Na Praza do Obradoiro, recepción aos integrantes da Fundación A la Par que veñen de percorrer o Camiño de Santiago.

20.00 h
No CSC de Villestro, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantén un encontro coa Asociación de Veciños de Villestro.

Compartir: