Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 20 de outubro

9.30 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de apertura do 18 Congreso Nacional de Centros Especiais de Emprego.

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para presentar o proxecto de acondicionamento da rotonda de Conxo.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, e da xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, para presentar dúas accións nas que participa Turismo de Santiago a través do Santiago de Compostela Convention Bureau e a Santiago de Compostela Film Commission.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Compostela Aberta Jorge Duarte sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Fundación laboral da Construción, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa na presentación do Libro Branco e o Portal estatístico da Economía Social en España, no marco do encontro "As oportunidades da economía social para as cidades no logro dos retos das Axendas Urbanas e 2030".

18.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantén un encontro con FERUSA.

20.00 h
No local social de Sar, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa Asociación de Veciños de Sar e con Espazo Veciñal de Sar

Compartir: