Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 19 de outubro

11.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, preside, de forma telemática, a Comisión de Cultura do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal de Compostela Aberta, María Rozas, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, para presentar o circuíto de carreiras CorreSan. Na rolda tamén estará un representante da delegación de Santiago da Federación Galega de Atletismo.

12.15 h
No IES Rosalía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á charla da Policía Local sobre lecer nocturno para a mocidade.

19.30 h
No Salón de Actos da Facultade de Medicina, o alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á presentación do libro ‘Deber de Baltar. Medicina e compromiso', catálogo da exposición comisariada e deseñada por Pepe Barro e inspirada na novela Un señor elegante de Suso de Toro.

20.00 h
Na Zona C (Praza de Cervantes), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, asisten á inauguración da mostra 'Materiais para un arquivo da cultura submarina. Sala Nasa 1992-2011', que se enmarca dentro das actividades do Desembarco Chévere polo seu 35 aniversario. Tamén asisten Xesús Ron, Miguel de Lira e Patricia de Lorenzo, de Chévere Teatro.

Compartir: