Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 18 de outubro

10.00 h
No pavillón de Santa Isabel, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, saúda os participantes na Xornada europea de RCP, organizada polo Colexio de Médicos da Coruña. Consistirá nun adestramento masivo sobre a manobra de RCP en conmemoración do día europeo de concienciación ante o paro cardíaco no que participarán arredor de 480 alumnos/as de centros educativos do municipio.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Xuventude, Rubén Prol, para facer balance do proxecto Lanzadeira e para presentar a programación do Centro Xove da Almáciga.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal de Compostela Aberta Marta Lois sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Javier Fernández, para presentar as Xornadas Micolóxicas de Conxo 2022.

12.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibe o novo presidente da SD Compostela, Juan Carlos Rodríguez Gesto.

17.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantén un encontro cos voceiros dos grupos municipais e con representantes da Cámara de Comercio, do Club Financeiro, do Foro Cívico e da Asociación empresarial do Tambre para tratar a candidatura de Santiago a acoller a sede da AESIA.

Compartir: