Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 17 de outubro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

17.00 h
No Reitorado, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa na recepción aos membros do proxecto BIORECER "BIological Resources CERtifications schemes".

20.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa xuntas directivas das asociacións de veciños do Castiñeiriño, Pontepedriña e Sandra Prego Rial.

Compartir: