Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 13 de outubro

9.30 h
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.
1. ASISTENCIA AO PLENO. Referencia: 2022/00045514M.
Ratificación da urxencia da sesión.
2. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE. Referencia: 2022/00036240T.
Aprobación da conta xeral do exercicio de 2021.
3. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE. Referencia: 2022-CREXT-15.
Aprobación de expediente de crédito extraordinario 2022-CREXT-15 financiado co RLTGX 2021, levantamentos de reparo de competencia plenaria e o REC para aprobar gastos rexistrados na conta 413 e outros gastos.
4. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE. Referencia: 2022/00041620K.
Aprobación de expediente de suplemento de crédito 2022-SUPLE-07, de importe 120.000,00 €, financiado con baixas por anulación.
5. OFICINA ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE. Referencia: REC-15.
Aprobación de levantamentos de reparo de competencia plenaria e o REC para aprobar gastos rexistrados na conta 413 e outros gastos devengados no exercicio 2021.
6. ASISTENCIA AO PLENO. Referencia: 2022/00045514M.
Dar conta de escrito do grupo municipal de CA de designación de portavoz, de membros nas distintas Comisións e de representantes en Consellos sectoriais.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e do concelleiro de Mocidade, Rubén Prol, para presentar o I Festival de Poesía Nova de Compostela, Luz Poética. Na rolda tamén estará o seu coordinador, Diego Horschovski.

18.30 h
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa Plataforma de Galeras (local sito na Calzada do Carme de Abaixo, 10).

20.00 h
Na sede da SGAE, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto conmemorativo do 25 aniversario da Fundación SGAE.

Compartir: