Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 11 de outubro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Xuventude, Rubén Prol, para presentar o ciclo de obradoiros de prevención da adicción ao xogo de apostas entre a mocidade, Vas picar?. Na rolda tamén estará o educador social Ramón Molina.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, para presentar a 24ª edición dos Xogos Autonómicos de Natación para persoas con discapacidade intelectual, que citará en Santiago a deportistas de 10 entidades da discapacidade galegas. Na rolda tamén estará Marcelo de la Cruz Luzón, representante de Special Olympics Galicia, e un deportista da asociación ASPAS participante no evento.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira de Compostela Aberta, María Rozas, sobre asuntos de carácter local.

Compartir: