Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 10 de outubro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, para presentar o proxecto de renovación das pistas de tenis municipais das Cancelas.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

13.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa Asociación de Usuarios de Casillas da Praza de Abastos, ASUCA.

17.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa directiva do Club Patín Berenguela.

19.30 h
Na Real Sociedade Económica de Amigos do País (praza de Salvador Parga, 4), o alcalde e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a xerente do Consorcio, Belén Hernández, acoden á presentación do libro ‘Dinero y crédito en Santiago de Compostela (1768-1809) de Francisco Cebreiro Ares.

Compartir: