Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)
Previsións informativas para o sábado 1 de outubro
10.45 h
Na praza do Obradoiro, a concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, participa na inauguración da 9ª Marcha Ciclista Unificada Special Olympics Galicia.
11.30 h
Na Praza de Abastos, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao descubrimento da placa en memoria de Manuel Vázquez Cacharrón, garda civil asasinado pola banda terrorista GRAPO.
18.00 h
No Teatro Principal, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á inauguración da 19º edición do Festival Internacional de Cine Curtocircuíto, xunto coa concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón.