Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 27 de xaneiro

10.00 h
Pleno ordinario
NOTA: retransmitirse por streaming a través da páxina web municipal.
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación, se procede, da acta correspondente á sesión ordinaria do día 22 de decembro de 2021.
2.- Proposición presentada polo grupo municipal de CA para reordenar a mobilidade e garantir a seguridade viaria no barrio das Fontiñas.
3.- Proposición presentada polo grupo municipal do BNG para reprobar a actuación do grupo de goberno sobre as obras de Concheiros.
4.- Proposición presentada polo grupo municipal do BNG para convocar residencias artísticas sobre Rosalía de Castro.
5.- Proposición presentada polo grupo municipal de CA para a implantación da tarxeta cidadá municipal de Santiago.
6.- Proposición presentada polo grupo municipal do PP para a posta en marcha dun plan de apoio e asesoramento para a continuidade comercial.
7.- Proposición presentada polo grupo municipal do PP para a mellora da información e asesoramento á veciñanza sobre o consumo eléctrico.
8.- Dar conta da elevación á aprobación definitiva da modificación da Ordenanza 0.00 xeral de xestión, recadación e inspección dos tributos e doutros ingresos de dereito público.
9.- Dar conta de resolución de prórroga do orzamento do ano 2021 para o presente exercicio.
10.- Dar conta de resolución da alcaldía de delegación de funcións na primeira tenente de alcalde.
11.- Dar conta de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e actas da Xunta de Goberno Local.
12.- Rogos, preguntas e interpelacións.
Interpelación:
1.- Presentada polo grupo municipal do PP sobre a demora na execución das obras de reparación e consolidación da Ponte de Vidán.
Rogos:
1.- Presentado polo grupo municipal de CA para a reparación do muro que rodea o cemiterio de Boisaca.
2.- Presentado polo grupo municipal do PP para mellorar a sinalización informativa do novo aparcamento de Conxo.
3.- Presentado polo grupo municipal do BNG para mellorar a contorna do carballo de Conxo.
4.- Presentado polo grupo municipal do PP para a reposición da protección do acceso ao aparcamento da Praza Roxa desde República do Salvador.
5.- Presentado polo grupo municipal do BNG para realizar unha nova convocatoria de hortas urbanas e xornadas formativas de acompañamento a este labor.
6.- Presentado polo BNG para elaborar un plan de adecuación dos vestiarios nas dependencias deportivas.
Preguntas resposta oral:
1.- Presentada polo grupo municipal de CA sobre o grao de execución das axudas a actividades culturais para profesionais e asociacións.
2.- Presentada polo grupo municipal do PP sobre a caída e perda correo electrónico municipal.
3.- Presentada polo grupo municipal do PP sobre a consulta preliminar ao mercado orientada ao futuro contrato do ciclo integral da auga.
4.- Presentada polo grupo municipal do PP sobre o uso alleo de vehículos adscritos ao servizo público.
5.- Presentada polo grupo municipal do BNG sobre a falta de medidas e alternativas para a convocatoria do proceso selectivo de traballadores e traballadoras sociais.
6.- Presentada polo grupo municipal do BNG sobre o convenio colectivo a empresa concesionaria do SAF.
7.- Presentada polo grupo municipal de CA sobre a situación dos traballadores da liña 6 ao aeroporto.
Preguntas resposta escrita:
1.- Presentada polo grupo municipal do PP sobre o servizo de correo electrónico no concello.
2.- Presentada polo grupo municipal do PP en relación ás cabinas telefónicas retiradas no período 2020-2021.
3.- Presentada polo grupo municipal do PP sobre as contratacións con cargo á financiación do proxecto Smartiago.
13.- Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos políticos municipais:
1.- Presentada polo BNG para a mellora da mobilidade, da seguranza viaria e da reurbanización do barrio de Salgueiriños.
2.- Presentada polo BNG para fomentar o uso da lingua galega na administración local.
3.- Presentada polo BNG para designar co nome de Luz Fandiño a praciña da Ponte do Sar e celebrar o 8 de marzo.
4.- Presentada polo PP sobre a realización dun programa de reparación e posta a punto dos parques infantís.
5.- Presentada por CA para reprobar ao SERGAS por causa da desatención ás persoas pacientes no Hospital Psiquiátrico de Conxo.
6.- Presentada por CA para impulsar a colaboración institucional entre o Consello e a Xunta para resolver os problemas derivados das obras dos camiños de Santiago en Conxo e na Avda. de Lugo.
7.- Presentada por CA pola paz e os dereitos humanos en Colombia e para reclamar todas as garantías democráticas nas próximas eleccións presidenciais.
8.- Presentada por CA en defensa da sanidade pública galega e para a reprobación á xerencia sanitaria da área de Santiago.

Compartir: