Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 26 de xaneiro

11.30 h
Na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar o libro ‘Re-encontros musicais. Homenaxe aos músicos xubilados da BMSC (1993-2021)’. Na rolda tamén estarán Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística; os autores do libro, Carlos Cabaleiro e Judith Rey; e o director da Banda, David Fiuza.
NOTA: rolda presencial.

12.00 h
No Salón Verde, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, preside o acto de constitución do Consello municipal de Persoas Maiores.

Compartir: