Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 22 de xaneiro

10.30 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día: Aprobación do expediente de crédito extraordinario número 2022-CREXT-01, por importe de 75.000 euros.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.30 h
Na Intermodal, apertura da cafetería da nova estación de autobuses de Santiago. Asisten: o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez; os membros do Consello de Administración de Tussa; e os xerentes da empresa adxudicataria, Beach Solpor, Javier Iglesias e Nieves Yáñez.

12.00 h
Na rúa das Orfas, 17, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, asiste ao acto de descubrimento dunha placa en lembranza de Victoriano García Martí.

Compartir: