Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 19 de xaneiro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, sobre o rexistro de soares.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

FITUR
16.00 h
No Stand de Galicia, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa na presentación da campaña de Turismo de Santiago "Santiago, patrimonio natural". Interveñen:
- Sindo Guinarte, concelleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo do Concello de Santiago de Compostela.
- Susana Domínguez, presidenta da Asociación Bosques sen Fronteiras
- Jorge Luís Marquínez García, director xeral de Biodiversidade, Bosques e Desertificación do MITECO
Entrega do premio Árbore Española 2022 por parte de Susana Domínguez, presidenta da Asociación Bosques sen Fronteiras, e Jorge Luís Marquínez García, director xeral de Biodiversidade, Bosques e Desertificación.
- Xosé A. Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago de Compostela.
Proxección do vídeo da campaña Árbore Europeo 2022: "Carballo de Santiago: A luz de Europa".

Compartir: