Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 11 de xaneiro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar a tempada da Banda Municipal de Música baixo a denominación de "Camiños Sonoros". Na rolda estará o director da Banda, David Fiuza.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
No Salón Vermello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa no acto de demostración do piloto 5G desenvolvido por Orange, Ericsson e Visyon para o Concello de Santiago no ámbito do turismo. Programa:
- Intervención de Xosé A. Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago de Compostela.
- Intevención de Mar Pereira, directora de AMTEGA.
- Intervención de Óscar Aragón, manager da Zona Norte RRII de Orange
- Demostración do caso de uso mediante lentes de realidade virtual
- Intervención de Francisco Javier García Vieira, director de Servizos Públicos Dixitais de Red.es
- Na praza do Obradoiro, demostración da realidade aumentada en aplicacións.
NOTA: acto presencial.

Compartir: