Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves, 30 de setembro

10:00 h. No Salón de Plenos do Concello, pleno municipal ordinario (retransmitirase por streaming a través da web municipal) coa seguinte orde do día:

1.- Aprobación, se procede, da acta correspondente á sesión ordinaria do día 29 de xullo do corrente ano.

2.- Declaración de especial interese e utilidade municipal do anteproxecto de obras de ampliación do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS).

3.- Proposta da concelleira delegada de políticas sociais de resolución de alegacións e aprobación definitiva do Regulamento do Consello Municipal de Persoas Maiores.

4.- Resolución de reclamación presentada contra a aprobación inicial da modificación do cadro de persoal para o ano 2021.

5.- Aprobación da modificación do cadro de persoal para o ano 2021, prevendo a funcionarización.

6.- Aprobación do expediente de crédito extraordinario núm. 2021-CREXT-10, por importe de 370.493,48 euros.

7.- Proposta da concelleira delegada de medio ambiente, de bonificación do canon de SOGAMA ano 2021.

8.- Proposta da concelleira delegada de economía e facenda, de declaración de prescrición das facturas de Ferrovial 2017/2210 e 2018/2282.

9.- Proposición presentada polo grupo municipal do BNG para a realización dun plan estratéxico de subvencións.

10.- Proposición presentada polo grupo municipal do BNG para crear un plan de reactivación económica para zonas afectadas por obras.

11.- Proposición presentada polo grupo municipal de CA para actuar urxentemente no ámbito urbano das facultades de xeografía e historia e filosofía.

12.- Proposición presentada polo grupo municipal do PP para a creación dunha comisión de seguimento para informar periodicamente da marcha das principais obras que acomete o concello.

13.- Proposición presentada polo grupo municipal do PP para a análise e posible modificación da velocidade en determinadas vías municipais.

14.- Proposición presentada polo grupo municipal de CA para impulsar unha forma consensuada coa veciñanza e o sector hostaleiro a instalación dunha plataforma loxística de reparto de mercadorías para a hostalería da cidade.

15.- Dar conta de acordo da Xunta de Goberno Local de data 13 de setembro do corrente ano.

16.- Dar conta de resolucións da alcaldía de delegación de funcións.

17.- Dar conta de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e actas da Xunta de Goberno Local.

18.- Solicitude do grupo municipal de Compostela Aberta de comparecencia do concelleiro responsable do tendido de novo cableado aéreo e outros dispositivos para a instalación de cámaras dentro do proxecto Smartiago.

19.- Rogos, preguntas e interpelacións.

Interpelacións:

1.- Presentada polo grupo municipal do BNG sobre a vertedura de contaminación que afectou a rede de abastecemento de auga.
2.- Presentada polo grupo municipal de CA sobre contratación.
3.- Presentada polo grupo municipal do PP sobre reurbanización da rúa dos Concheiros e a construción do aparcamento en Triacastela.

Rogos:

1.- Presentado polo grupo municipal de CA en relación aos espazos suprimidos para actividades na rúa.
2.- Presentado polo grupo municipal de CA para ampliar o prazo da xustificación de actividades culturais pendentes de axuda.
3.- Presentado polo grupo municipal de CA sobre a seguridade viaria no paso do Camiño Inglés pola parroquia de Marantes.
4.- Presentado polo grupo municipal do BNG para restituír a convocatoria anual do Premio literario Ánxel Casal.
5.- Presentado polo grupo municipal do BNG para manter aberta a oficina de Muface en Santiago con plena dotación de persoal e recursos.
6.- Presentado polo grupo municipal do PP para a limpeza e mantemento do acceso e da parcela lindante coa igrexa parroquial de Santa Marta.
7.- Presentado polo grupo municipal do PP para o acondicionamento da marxe da estrada N-634 preto o acceso ao Monte do Gozo.
8.- Presentado polo grupo municipal do PP para o incremento da vixilancia no Parque de Ramírez.
9.- Presentado polo grupo municipal do BNG sobre a concentración parcelaria en Figueiras-Villestro.

Preguntas resposta oral:

1.- Presentada polo grupo municipal de CA sobre a duplicidade de investimentos e servizos relacionados co novo contrato de recollida e tratamento de residuos.
2.- Presentada polo grupo municipal do BNG sobre as obras de melloras dos equipamentos deportivos e sociais na parroquia de Figueiras.
3.- Presentada polo grupo municipal de CA sobre a vertedura de xurros ao río Tambre e a comunicación da empresa concesionaria e o concello.
4.- Presentada polo grupo municipal do PP sobre a provisión da praza de director da banda de música.
5.- Presentada polo grupo municipal do BNG sobre a ampliación da oferta de prazas de actividades nos centros socioculturais do rural.
6.- Presentada polo grupo municipal do PP sobre a previsión de modificar axudas sociais para facer fronte ás continuas subas do prezo da luz.
7.- Presentada polo grupo municipal do PP sobre o proceso de licitación da revisión do plan de mobilidade urbana sustentable (PMUS).
8.- Presentada polo grupo municipal do BNG sobre a ampliación do CHUS.
9.- Presentada polo grupo municipal do BNG sobre as medidas a adoptar para evitar a instalación dun vertedoiro en Nemenzo.

Preguntas resposta escrita:

1.- Presentada polo grupo municipal do PP en relación aos radares situados non Restollal e na SC-20 en Conxo.
2.- Presentada polo grupo municipal do PP en relación a nave 5 da Praza de Abastos.
3.- Presentada polo grupo municipal do BNG sobre a ampliación do prazo de actividades na rúa, para compensar o mes que non puideron exercer.
4.- Presentada polo grupo municipal do BNG sobre o convenio de colaboración entre o Concello de Santiago e o Concello de Ames coa Xunta para facilitar as comunicacións en transporte público.
5.- Presentada polo grupo municipal do BNG sobre a instalación dunha cuberta para colaborar co servizo social que desenvolve a Cociña Económica.
6.- Presentada polo grupo municipal do BNG sobre a creación dunha ruta por Barciela e Marantes.

20.- Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos políticos municipais:

1.- Presentada por CA para manifestar o apoio ás persoas refuxiadas Afgás, en especial nenas e mulleres que buscan refuxio en Europa.
2.- Presentada por CA para a elaboración dun plan de melloras na zona de Volta do Castro.
3.- Presentada por CA para que Santiago de Compostela sexa nomeada cidade creativa da música.
4.- Presentada polo BNG para esclarecer e recuperar o importe dos recibos da luz que o concello pagou á Catedral de Santiago.
5.- Presentada polo BNG para limitar a instalación de cámaras do proxecto Smartiago ás zonas de acceso á cidade histórica.
6.- Presentada polo BNG para a reordenación e mellora das pistas de skate de Conxo.
7.- Presentada polo BNG para a realización dun estudo de hábitat e do patrimonio na canteira de Sta. Cristina de Fecha.
8.- Presentada polo PP para a regularización dos expositores de publicidade urbana.
9.- Presentada por CA para aumentar as axudas á rehabilitación de vivienda xestionadas polo concello e polo Consorcio.

Compartir: