Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes, 28 de setembro

Martes 28

10:30 h. No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, acto de clausura e entrega de diplomas do Despois da reproducción dun video interveñen:
"Obradoiro de Emprego CREAS III".
- D. Xosé A. Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago de Compostela.
- D. Gonzalo Trenor López, delegado territorial da Xunta de Galicia en A Coruña.

10:30 h. Na Casa do Concello, reunión do concelleiro de Mobilidade e Seguridá Cidadá, Gonzalo Muíños, coa subdelegado do Goberno na provincia da Coruña, María Rivas, sobre asuntos de seguridade. Está previsto un canutazo ao remate do encontro, sobre as 11:15 h., na zona do Salón Verde.

11.00 h. No Salón amarelo, recepción a D. Hugh Elliot, Embaixador de Reino Unido en España, quen asiste acompañado de Dª. María García de la Concha, Cónsul Honoraria do Reino Unido en Galicia, presidida polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.

11.00 h. Na Biblioteca Concepción Arenal da USC, a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, asiste a entrega de flores organizada por Alcer Coruña, con motivo da campaña de en prol da doazón de órganos, organizada por esta entidade.

11:30 h. Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Compostela Aberta, Jorge Duarte, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12:00 h. Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación, Rubén Prol e de Xesús Lastra, presidente de Nova Escola Galega, para presentar os "XIII Edición dos Premios Educacompostela"
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

19.00 h. No Teatro Principal, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á estrea do documental "A vida conta", que mostra como cambiou a vida das mulleres do rural de Compostela desde a pandemia.

Compartir: