Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 25 de setembro

10.30 h
No Centro Sociocultural da Rocha Forte, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, asiste á presentación do libro "Cen pezas do traxe do Val do Ulla", de Francisco Collantes e José Luis Rodríguez.

12.00 h
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, visitan a senda realizada en Laraño. Punto de encontro: centro sociocultural de Laraño.

13.00 h
A concelleira de Políticas de Igualdade, Mercedes Rosón, achégase ata a Alameda de Santiago, onde se leva a cabo a intervención "Cuestión de Xénero", de Luz Darriba, no marco da semana "Trátase de NON + TRATA".

Compartir: