Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 24 de setembro

10.30 h
No Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á presentación do proxecto Bo Camiño!, da Xunta de Galicia e Google Arts & Culture.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Compostela Aberta, Xan Duro, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de inauguración da nova sede dos Servizos Xerais de Cáritas Diocesana de Santiago (Rúa Carretas 29)

13.30 h (aprox.)
Na Praza do Obradoiro, recepción aos participantes na IV edición do "Camino Cojebro Solidario".

19.00 h
No Multiúsos Fontes do Sar, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao partido do Monbus Obradoiro.

Compartir: