Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 23 de setembro

9.15 h
Na sede do Consorcio, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á Comisión Executiva da devandita entidade. (SÓ GRÁFICOS).

10.30 h
Na terraza do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; do concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte; e de Jorge Blanco, en representación de Abanca, para informar sobre o procedemento para a solicitude dos bonos Corazón Compostela por parte da cidadanía.

11.15 h
Na terraza do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugallo, para presentar o XVIII Festival Internacional de Cine, CURTOCIRCUÍTO, que se celebra do 2 ao 10 de outubro. Na rolda participan tamén a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; o deputado provincial de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto; o secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; e o director do festival, Pela del Álamo.

12.15 h
Na sala de prensa da Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular, María Antón, sobre asuntos de carácter local.

NOTA: as tres roldas retransmitiranse vía streaming a través da páxina web municipal.

19.45 h
No Pazo de Congresos, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á inauguración do XXVII Congreso da Sociedade de Gastroenteroloxía, Hepatoloxía e Nutrición Pediátrica.

Compartir: