Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 21 de setembro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación, Rubén Prol, para presentar as xornadas de portas abertas e as actividades do Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes.
NOTA: retransmitiranse vía streaming a través da páxina web municipal.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, para presentar a convocatoria de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares para o curso 2021-2022.
NOTA: retransmitiranse vía streaming a través da páxina web municipal.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Compostela Aberta Branca Novoneyra, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitiranse vía streaming a través da páxina web municipal.

13.00 h
A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, participa na visita á mostra escultórica "Próxima parada: as peregrinas toman a cidade". Punto de encontro: Katuxa Plateros (rúa Bautizados).

Compartir: